#Día30 do #outubrodetinta #Inktober2019 con #féretro como #palabradodía. Hoxe celebramos o #Samaín e o #Magosto no CPIdeZas. O Club de Debate versionou contos e relatos para os diferentes niveis, e este de #RafaelDieste foi un dos elixidos 😍 #temosliteraturaparacadapalabra
#Día29 do #outubrodetinta #InKtober2019 con #tanatorio como #palabradodía. Non sei cal é a mellor forma de despedirnos, só sei que non me gustan estas salas porque non podes vivir coa intimidade precisa a túa loita contra a despedida e a dor. #pai #32mesese17días 💜
#Día27 do #outubrodetinta #InKtober con #calendario como #palabradodía proposta polo @PortalPalabras. Para min este non foi un mes de outubro calquera por ir acompañando cada día de lapis e papel ✏️🗓🖌🖍📒 xunto con @GZvisual 🥰
#Día26 do #outubrodetinta #InKtober2019. Hoxe a #palabradodía do @PortalPalabras lémbranos a obriga de #atrasar o reloxo unha hora para acomodarnos ao #horariodeinverno. Que ilusión facía roubar esa hora de máis na noite do sábado e aínda así cumprir coas normas! 😉🤭
#Día25 do #outubrodetinta #Inktober2019 con #medianoite como #palabradodía proposta polo @PortalPalabras. Nesta ocasión, uns versos de #RamónCabanillas para volver unir, unha outra vez, poesía e imaxe, porque #temosliteraturaparacadapalabra
#Día24 do #outubrodetinta #Inktober2019 coa expresión #fusohorario como proposta do @PortalPalabras. Na miña proposta trato de reflectir os dous fusos horarios peninsulares: administrativamente correspóndenos o de Madrid, por localización xeográfica corresponderíanos o de Lisboa
#Día23 do #outubrodetinta #InKtober2019 con #fichar como #palabradodía proposta do @PortalPalabras. Agora as obreiras temos que facelo obrigatoriamente. Seica é para controlar horas traballadas e non remuneradas #mexanpornósetemosquedicirquechove #temosliteraturaparacadapalabra
#Día22 do #outubrodetinta #InKtober2019 con #emprazar como #palabradodía proposta polo @PortalPalabras. Nos tempos da inmediatez, hai novos xeitos de emprazar! @GZvisual #uncaféconamighas #omellordavidaécompartila 👯♀️☕️☕️
#Día20 do #outubrodetinta #InKtober2019. Para a proposta de #toural por parte do @PortalPalabras, envío unha versión (moi libre e moi incompleta) da praza do Toural de Compostela no seu uso máis reivindicativo a prol da loita polos nosos dereitos ou polos dereitos doutros pobos
#Día19 do #outubrodetinta #Inktober2019 coa proposta do @PortalPalabras de #barrufeiro como #palabradodía. Eis a miña proposta, hoxe con caderno e lapis como #ferramentasdixitais 😁
#Día18 do #outubrodetinta #Inktober2019 e @PortalPalabras proponnos #tratante como #palabradodía. Grazas a algunhas compañeiras estoume reconciliando con esta figura tan de noso, mais hai moitos ano un deles levoume a Paloma, a vaca de nariz rosado que eu levaba da corda. 👇🏼
#Día17 do #outubrodetinta #Inktober2019 con #curro como #palabradodía proposta polo @PortalPalabras. Aí vai a miña proposta acompañada do animal máis valioso para o noso pobo. A vaca deunos calor, alimento, axuda para traballar o agro e moito máis #unmonumentoporvilaparaavaca🐄🐂
#Día16 do #outubrodetinta #Inktober2019. A #palabradodía proposta é #eguada. Ver correr as eguadas en liberdade polo #montedasPaxareiras forma parte tamén das miñas #lembranzas da #infancia. Iamos de excursión familiar moitos domingos para velos e intentar acariñalos 🐎🐎🐎👨👩👧👦❤️❤️
#Día15 do #outubrodetinta #InKtober2019 coa #palabradodía #montaraz, proposta polo @PortalPalabras. A miña homenaxe hoxe para o lobo, un animal fascinante e misterioso moi presente nas tardes de lareira e contos cabo do meu avó Manuel, gran contador de historias. 🌕🐺
#Día14 do #outubrodetinta #InKtober2019. O @PortalPalabras propón #feirear como #palabradodía. Eis María dos Ovos, a mellor feiranta que coñecín. Con máis de 80 anos seguía percorrendo as aldeas mercando ovos nas casas para levalos, en ducias de cestas, á feira do domingo. 👇🏼
#Día13 do #outonodetinta #InKtober2019 o @PortalPalabras proponnos #misiva como #palabradodía. “[...] a correspondencia é unha cousa perigosa. Ben o saben os que se negan a responder cartas, misivas, postais natalicias ou mesmo correos electrónicos.” (Teresa Moure: Herba moura)
#Día12 do #outubrodetinta #InKtober2019 @PortalPalabras propón #telegrafista como #palabradodía Cal é a onomatopea correcta? #preguntaseria
#Día11 do #outubrodetinta #InKtober2019 @PortalPalabras propón #selar como #palabradodía. Hoxe a miña lembranza vai para a miña tataravoa paterna, a señora Generosa, que cruzou o Atlántico soa con apenas 7 aniños, nun barco ateigado de xente, como fixeron e fan tantos menores 👇🏼
#Día10 do #outubrodetinta #Inktober2019. @PortalPalabras propón de #palabradodía #valixa. Cando era universitaria, vía como entregaban no bus cada día unha bolsa de coiro escuro, desgastada polo paso do tempo. Ás veces pasaba o camiño imaxinando historias agochadas naquelas ✉️💌
O @PortalPalabras propón como #palabradodía a expresión #contrareembolso. Como son defensora do #comerciolocal, a miña proposta para o #outubrodetinta #Inktober2019 lembra a posibilidade de apoiar a @Fun_Artesania co comercio electrónico #engalegodíaadía #chíoengalego @GZvisual
Para a proposta de @Cadahiacurrelos #chíoengalego #reto ao resto do equipo de @GZvisual a encher de debuxos a rede. Aí vai o meu cun fragmento dun dos meus poemas favoritos de Rafa Villar #engalegodíaadía #palabradodía #outubrodetinta #Inktober2019
#Día7 do #outonodetinta #Inktober2019. Hoxe o @PortalPalabras proponnos como #palabradodía #filatelia que, coma calquera tipo de colección que fagamos, precisa de paciencia, amor e coidado @GZvisual 📔🔍❤️
#día6 do #outubrodetinta #Inktober2019 Hoxe a #palabradodía proposta é #caseta. Até hai pouco, as de Negreira estaban cheas de vida, agora apenas abren na fin de semana da Feira do Románico. Coidemos máis do #comerciolocal e do #sectorprimariogalego porque é riqueza para o país
#Día4 do #reto #outubrodetinta #Inktober2019 Hoxe o @PortalPalabras propón #polbeira como #palabradodía e aí vai a miña aportación para o @GZvisual: unha figura tan tradicional nas nosas romarías que transportan pola rede o olor e a calor dos pratos de madeira e as potas fervendo
#día3 do #reto #outubrodetinta #Inktober2019 @GZvisual A #palabradodía proposta polo @PortalPalabras é #románica. Pertenzo a un país que grava en pedra a memoria colectiva para entregala ás xeracións vindeiras, donas do futuro e gardiás dos tempos idos #saúdeeterrasempre
このツイートに主として含まれるのは、【***】ではなく、以下の画像です。
This site is protected by reCAPTCHA and the GooglePrivacy Policy and Terms of Service apply.
報告ありがとうございました!
内容を確認のうえ、対応いたします。